Mostrando entradas con la etiqueta SAÍDAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SAÍDAS. Mostrar todas las entradas

sábado, 18 de abril de 2009

DUNHA SAÍDA A UN PEQUENO PROXECTO...

Rematamos o segundo trimestre cunha visita á Casa das Ciencias, e como é costume xa, cedo aos nenos e nenas o protagonismo para contalo.  Dádevos conta que nos explican cousas moi complexas que vimos no museo e moitas das veces as súas explicacións poden chegar a parecer igual de complexas. 



Nesta visita vimos tanto rás coma sapos nunha das salas de exposicións, sendo, xunto co planetario, das cousas que máis nos gustaron. Isto fíxome lembrar que cando era cativa recollía xunto coa miña avoa cágados nun pequeno regato da miña aldea. Aproveitando as vacacións acerqueime para recoller algúns para ir coñecelos pouco a pouco ao longo destas semanas. 

Como era de supoñer foi unha novidade aceptada polos nenos cun sonrriso desde o primeiro momento. Tivemos unha conversa sobre o que sabiamos e que non. Dímonos conta que tanto eles coma min non coñeciamos moitas cousas... e que tiñamos certas ideas onde discrepábamos entre nos. 

A raiz desta conversa xurdiron unha múltitude de preguntas para respostar ao longo dos días. Algunhas delas son:
  • Como son? De que cor? Todas iguais?
  • Que comen? (algúns pensan que terra e outros que bichos)
  • Como se convirten en rás?
  • Como ten a rá os ovos? (esta pregunta xurdiu despois de falar se se podían namorar ou non...)
  • Onde viven? (algún neno propuxiu coñecer os nomes dos ríos)
  • e moitas máis que irán aparecendo...
Xa apareceu algún material na clase para atopar información pero estamos abertos a calquera aportación desde as casas para poder resolver todas as nosas dudas.
(libros atopados no fondo bibliográfico do colexio)

Nestes primeiros días só comenzamos a respostar a primeira, aproveitando a descubrir como se fai a cor verde e comezamos a pensar onde poden vivir as ras e que necesitan mentras creamos unha nova estancia para as crías na clase. Os cágados chegaron a aula nunha botella de auga. O venres foi o traslado a unha caixa máis grande. Incorporamos unhas pedras con musgo que é un dos primeiros alimentos para estes animais.


Este é unha pequena mostra do momento xusto despois do traslado a súa nova estancia mentras se asentaba o lodo que tiña a auga.


domingo, 15 de marzo de 2009

SAÍDA AO PORTO


Tiña pendente contarvos como foi a saída ao porto de A Coruña. Sei que xa hai unha semana disto pero pensei que debían ser eles os que nos contaran o que fixemos aló xa que eles contarán o que verdadeiramente foi o máis vistoso ou interesante. A gravación respeta a cronoloxía da visita: 
  • Primeiro vimos uns barcos: os que remolcan e os que limpan o mar (pelícano).
  • Despois acudimos a unha exposición dos materiais que chegan ata o noso porto (vexetais, minerais, cereais...)
  • Visitamos a lonxa e unha gran parte do peixe que estaba dispoñible nese momento e xogamos co xeo.
  • Por útlimo pasamos polas naves do maínzo e o ferro, chegando nese momento as grúas e a estación do ferrocarril de mercancías.
Dende a miña aula súmome aos agradecementos á organización da visita xa que foi moi interesante e entretida para os nenos e nenas. Espero que vos pareza tan interesante coma a eles/as.
 



Lémbrovos que teño na aula dúas copias coas fotos das saídas realizadas polo momento (entroido, bombeiros, porto...) Podedes perdirmas por medio dos nenos/as para que as leven e así copialas na vosa casa. O único que vos pido é rapidez no momento de devolvelo para que outra familia poda copialo e axilizar o préstamo das fotos.

Aínda así o meu compañeiro José Carlos puso a vosa disposición as fotos e un video realizado por el mesmo no seu blogue. Podedes visitalo e descargar as fotos que vos interesen. Para acceder clicade no seguinte enlace: A nosa clase.