Mostrando entradas con la etiqueta NADAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NADAL. Mostrar todas las entradas

miércoles, 24 de diciembre de 2008

CUN POUCO DE PINTURA QUEDAN DE LOCURA.

Este foi o resultado! O prometido é deuda. Aquí tedes o resultado dos adornos para a árbore de Nadal que fixeron os "nenos e nenas do Barco". Na seguinte presentación tedes o proceso que seguiron para chegar a este resultado tan xenial. Espero vos guste!




Por outra banda, moitas grazas a aquelas persoas que me escribiron comentarios este últimos días e aquelas que siguen o Blogue, grazas a eles teño máis ganas de seguir con este mini proxecto que me marquei para este curso. A todos vos (e sobre todo os meus compañeiros):



domingo, 14 de diciembre de 2008

CUN POUCO DE FARIÑA E UN POUCO DE SAL...UNS CANTOS ADORNOS DE NADAL

Antes de nada agradecer ao meu compañeiro de corredor e apoio nas miñas dúbidas José Carlos que me incorporase dentro do seu Blogue (A nosa clase), sobre todo porque sen el seguramente non me animase a crear un. O seu Blogue foi un dos primeiros que seguín e do que "roubei" moitas ideas para levar de colexio en colexio. Así que espero que este blogue sírvalle e sírvavos do mesmo xeito que ao meu sérveme o seu cada día.

Esta semana comeza coa volta da ponte onde me marchei en busca de adornos do Nadal, en diferentes pobos e cidades próximas, xunto coa miña cámara de fotos. Recordei entón unha experiencia que tiven durante a miña fase de prácticas cando estudaba maxisterio en Lugo. Foi no mes de Decembro cando unha profesora que se chama Lucía ensinoume a facer masa de sal, precisamente para facer adornos de nadal. 
O xoves fun preparada para unha gran sorpresa para os nenos do "barco" (así se fai chamar o grupo): un paquete de fariña e un paquete de sal. 
Deixeilles que fixesen as súas cabalas sobre o que ía suceder despois e a resposta foi unánime: facer pan!, esta resposta atopábase influenciada por unha saída que tiveron o curso pasado a unha panadería, así que aproveitamos para recordar como se fai pan e cales os seus ingredientes. Pero... upss!... Non podiamos facer pan pois nos faltaba un ingrediente que recordaba unha das nenas: O FERMENTO.

Foi entón cando lles explique cal era a miña idea: FACER MASA DE SAL PARA FACER OS ADORNOS DE NADAL! A única consigna era botar tanta fariña como sal, así que vimos como podiamos facer para calcular esas cantidades. Pasando por beliscos ou puñados, acabamos decidindo usar un vaso para calculalo.

1 VASO DE FARIÑA=1 VASO DE SAL
Despois de moito amasar este foi o resultado

 

Agora só queda deixalo secar e pintalas. Xa vos ensinaremos o resultado.

Despois de recoller todos os utensilios, comenzou o momento da merenda e como foi de esperar buscamos quenes tiñan algo de fariña na súa comida. Non se nos escapou nin a primeira. Estes son todos os que atopamos:

domingo, 30 de noviembre de 2008

martes, 25 de noviembre de 2008