martes, 13 de octubre de 2009

NOVO BLOG:" O NOSO ACUARIO"

fish_outofwater_md_wht.gif (9644 bytes)
Como sabedes volvín para o cole xa que saquei a plaza.
Coa miña nova clase creamos tamén un novo blog
que espero que vos guste. Espérovos por alí!!!




lunes, 27 de julio de 2009

O REGALO PERFECTO PARA ESTE CURSO

Como vos prometín saberíades da miña vida en canto o proceso da oposición rematara. Pois ben, aprobei e teño praza como mestra....NON SABEDES A FELICIDADE QUE SINTO POR DENTRO!!!

Comencei este blogue como unha especie de diario onde contar as miñas experiencias como mestra substituta, onde recollería todas as miñas experiencias en diferentes centros. Xa no curso pasado pasei por moitos centros e quedeime coas ganas de recoller de algún xeito o que facía cos distintos nenos e, ao mesmo tempo, manter o contacto con eles. Por iso pensei en crear este bule bule de experiencias.

Sería tamén un recuncho de opinións entre compañeiros que facíamos o mesmo, traballar e estudar ao mesmo tempo. Tiven a gran sorte de quedar todo o curso no mesmo colexio e cos mesmos nenos. Agora, cando xa pasei todos os nervios e agobios cos exames doume conta que a miña praza comencei a gañala desde que escollín esta baixa neste cole.

Gracias aos nenos e nenas da clase do barco, os cales aceptaban calqueira proposta que xurdía en clase para traballar e aportábanme o cariño e a alegría que neccesitaba para chegar a casa e poñerme a estudar sen preocupacións.

Gracias aos meus compañeiros que axudáronme a facer o meu traballo moito máis sinxelo e acollerme tan ben que, para min, ir a traballar non era ningún "traballo".

E tamén grazas as familias por agradecerme tantas veces o que estaba a facer. Sen eles moitas veces non teñería motivacións por seguir co blogue ou en pensar novas ideas.

Por iso teño que agradecervos que me axudarais, dun xeito ou doutro, a que as miñas horas de estudo forán máis amenas ao longo do curso.

Un saúdo a todos!!!!!!!

lunes, 15 de junio de 2009

Calendario escolar

Algúns pais preguntáronme polo comezo das clases do próximo curso. Por fin publicouse na páxina da Consellería en relación co tema. No seguinte enlace podedes ver esa información.

CALENDARIO ESCOLAR

Seguindo este documento as clases comenzarán o 10 de setembro de 2009.

miércoles, 27 de mayo de 2009

A NOSA PRIMEIRA RA


Por fin chegamos a unha das últimas fases da metamorfose da ra. Hoxe pola mañá atopámonos cunha nova sorpresa no noso acuario. Menuda ledicia levámonos nada máis comezar a xornada!






sábado, 23 de mayo de 2009

NOVIDADES NO NOSO ACUARIO

Onte cando chegamos a clase atopámonos cunha novidade na "charca dos cágados". Xa non eran todos iguais. Algo cambiou.
POR FIN vimos un paso máis na metamorfose destes pequenos animais! O noso compañeiro Jose Carlos fíxonos unha gran foto para que os poidades disfrutala igual ca nós.