martes, 28 de abril de 2009

MELLORAMOS A SÚA E A NOSA CASA!


O venres melloramos a casa dos cágados gracias a chegada dun elemento novo para "a nosa charca". Unha nova pedra ía ser unha parte máis de seu entorno e medio de alimentación nas próximas semanas. Esta pedra chegaba cuberta de vexetación que lles ía permitir as crías poder comer, agocharse e "xogas ao escondite" no tempo que estivesen con nos. 

Tamén renovamos a auga onde estaban xa que informámonos de que era necesario botarlle auga nova para que poidesen respirar mellor. Os cágados, cando aínda non teñen patas respíran baixo da auga mentras cando xa son adultas poden respirar aire ao igual ca nos. O resultado foi verdaderamente impresionante. imos convirtindo a caixa nunha verdadeira charca onde vivir. 
Invitámoos a que vivades o momento xusto despois da inaguración do novo habitat das nosas mascotas. 



Estábamos tan motivados que quixemos seguir aprendendo sobre o habitat das rás e sapos. Gracias ao meu compañeiro Juan atopamos un libro onde atopar moitas das respostas  a tantas preguntas que nos fixeramos uns días atrás.  O conto chámase "Una pequeña charca". Nel aparecía unha charca onde aparentemente non había case ningún animal pero cada vez que nos achegábamos un pouco máis e máis atopábamos unha múltitude de fauna que alucinábamos. 

Como é constume despois plasmamos a nova visión do conto e da charca nunha folla, cada un centrouse no que máis lle gustou: os animais que había, a vextación, as cores... un sen fin de posibilidades de fogares para as crías das rás.


Hoxe tamén melloramos a nosa casa. Decidímos osixenarnos cun cambio de mesas e sitios. Un cambio de vez en cando pode axudar a unha complementación entre os puntos fortes e os puntos débiles duns e doutros. para motivarlles a este cambio organicei un xogo de orientación espacial. 

Pola clase escondín catro mapas coa organización de cada mesa e dos sitios asignados. Unha vez atopados, por grupos, tíñanse que decidir cal era o sitio de cada un. A única axuda que tiñan era un gráfico da mesa e a referencia do encerada para poder orientar o mapa. Foi moi interesante ver as diferentes estratexias para descubrir, debatir, discutir e decidir cal era o sitio de cada un. Finalmente, todos atopamos o novo sitio, estando todos moi contentos co resultado.


1 comentario:

José Carlos dijo...

Noraboa pola recreación da charca, vese que os cágados estan moi ledos. Todas estas experiencias son moi educativas para @s nen@s e gratificantes para @s mestres/as pois ves que aprenden sen esforzo.