sábado, 18 de abril de 2009

DUNHA SAÍDA A UN PEQUENO PROXECTO...

Rematamos o segundo trimestre cunha visita á Casa das Ciencias, e como é costume xa, cedo aos nenos e nenas o protagonismo para contalo.  Dádevos conta que nos explican cousas moi complexas que vimos no museo e moitas das veces as súas explicacións poden chegar a parecer igual de complexas. 



Nesta visita vimos tanto rás coma sapos nunha das salas de exposicións, sendo, xunto co planetario, das cousas que máis nos gustaron. Isto fíxome lembrar que cando era cativa recollía xunto coa miña avoa cágados nun pequeno regato da miña aldea. Aproveitando as vacacións acerqueime para recoller algúns para ir coñecelos pouco a pouco ao longo destas semanas. 

Como era de supoñer foi unha novidade aceptada polos nenos cun sonrriso desde o primeiro momento. Tivemos unha conversa sobre o que sabiamos e que non. Dímonos conta que tanto eles coma min non coñeciamos moitas cousas... e que tiñamos certas ideas onde discrepábamos entre nos. 

A raiz desta conversa xurdiron unha múltitude de preguntas para respostar ao longo dos días. Algunhas delas son:
  • Como son? De que cor? Todas iguais?
  • Que comen? (algúns pensan que terra e outros que bichos)
  • Como se convirten en rás?
  • Como ten a rá os ovos? (esta pregunta xurdiu despois de falar se se podían namorar ou non...)
  • Onde viven? (algún neno propuxiu coñecer os nomes dos ríos)
  • e moitas máis que irán aparecendo...
Xa apareceu algún material na clase para atopar información pero estamos abertos a calquera aportación desde as casas para poder resolver todas as nosas dudas.
(libros atopados no fondo bibliográfico do colexio)

Nestes primeiros días só comenzamos a respostar a primeira, aproveitando a descubrir como se fai a cor verde e comezamos a pensar onde poden vivir as ras e que necesitan mentras creamos unha nova estancia para as crías na clase. Os cágados chegaron a aula nunha botella de auga. O venres foi o traslado a unha caixa máis grande. Incorporamos unhas pedras con musgo que é un dos primeiros alimentos para estes animais.


Este é unha pequena mostra do momento xusto despois do traslado a súa nova estancia mentras se asentaba o lodo que tiña a auga.


No hay comentarios: