domingo, 29 de marzo de 2009

POÑEMONOS AO DÍA


Nos últimos días tiven algún que outro problema técnico para poder subir cousas que sucederon en clase entre os días festivos e pontes.


Así que vos vou pondo ao día:


AVANZAMOS NA LECTOESCRITURA


DIARIOS 


O traballo na lectoescritura avanza cada día a través de dúas propostas deseñadas sobre todo para motivarlles cara ao mundo da escritura e a lectura.


A bolsa máxica fai un par de semana tróuxonos os nosos DIARIOS encadernados e con el un novo rumbo cara ao noso traballo da lectoescritura. Esta primeira iniciativa naceu co motivo de motivalos a escribir dándolle sun soprte atractivo onde puedieran facelo sen unha pauta determinada. 


Realizarían todo o proceso necesario para escribir (pensar na palabra, recoñecer fonema por fonema e relacionar esa fonema cunha letra en concreto) pero escribirían o que realmente lles apetecería a eles e non unha palabra esixida.


E como sempre, se por algún motivo non equivocamos NON PASA NADA! Así que nel debuxamos, escribimos e contamos todo aquilo que nos pasa. 


A partir dunha letra e do seu son comezamos a apuntar todas as palabras que se nos pase pola cabeza. Unha vez que xa non se nos ocorren máis collemos o noso iario e inventamos unha frase con esas palabras. 


Cada diario é diferente, non hai nin unha frase ou idea repetida. Pódese dicir que o diario é onde envorcamos parte da nosa creatividade.


Ensinámosvos a portada deles para que vos deades unha idea: 




CONTOS 


Doutra banda empezamos a usar en clase o libro de "Leo con bubela". Buscando un soporte que lles motivase a ler atopei neles un bo aliado. Ao presentarlles todos explíquelles que cada un tiña un número, e que se era un número máis alto sería máis dificil. Dicirlles iso foi como un reto inesperado por chegar a un libro máis dificil, e a tentar avanzar na lectura. 


Así normalmente nun momento de descanso, chamo a algún deles para que lean comigo e levo un rexistro do avance. 


O feito que coas vogais e dúas, tres ou catro fonemas xa xorden historias con sentido, motívalles polo boto de que eles sós poden ler un libro case sen axuda.


Cando un dos libros está máis que superado, mandareilles para casa unhas follas co libro transcrito (en maiúsculas, para facilitar a lectura a algún deles)/deles) para que o lean convosco e debuxen as distintas escenas, así que queden cos contos que conseguen ler.


A semana pasada mandeivos o primeiro dos libros superados (tito e o pito). Non vos envié ningunha instrución xa que buscaba que sexan eles os que se expliquen e sexan conscientes do que teñen que facer. eles levaban unhas instruciones moi claras e o único que tiñan que facer era poser exlicarse. Esta idea xurdiu despois de observar que ás veces nos contaba seguir varias instrucións, olvidannos de que se nos pediu. O seguintes conto busco que sexa igual, aínda que xa sabeis como é o proceso, esperar a que sexan eles que vos expliquen o que teñen que facer. En breve mandareilles outro dos contos co mesmo formato que o que primeiro.



SAÍDA A BIBLIOTECA


O pasado 13 de marzo fomos a biblioteca a escoitar un contacontos protagonizados por tres curiosos personaxes (e algún axudante máis). Contáronnos, entre eles, os tres osiños

 



A PRIMAVERA


O sábado 21 chegou a primavera, asi que o luns 23, cunado reencontrámonos despois duns días de descanso, escoitamos todos juntosdistintas produciones de Vivaldi da páxina http://www.epdlp.com/compclasico.php?ide=1084.


Entre elas está a primavera, gran coñecida da composición musical das 4 estacións. Fixemos unha escoita moi atenta e despois debuxamos o que pensamos e imaxinamos sobre a primavera nese intre.


Este é un dos resultados.





SEMANA DA PINTURA


Durante esta semana coñecemos a Van Gogh e a Gaugen. A través do libro de plastica, o cal nos propuña dúas láminas destes dous autores. 

A bolsa máxica decatouse e tróuxonos un libro impresionante de Van Gogh. Nel vimos diferente cadro e para a miña sorpresa algúns eran coñecidos por eles. Noutra sesión pintamos como Gaugen, con temperás e descubrindo novas cores. Déixovos con algunhas das obras que xurdiron...gozalas!



1 comentario:

aurorayraquel dijo...

Somos la profe Aurora, la profe Raquel y los pitiños del blog http://aclasedeuxia.blogspot.com/
Queremos felicitaros por vuestro trabajo y entregaros el premio : MIRA QUE BLOG TAN CHULO. Pasaos por nuestro blog para recogerlo
un besote