domingo, 14 de diciembre de 2008

CUN POUCO DE FARIÑA E UN POUCO DE SAL...UNS CANTOS ADORNOS DE NADAL

Antes de nada agradecer ao meu compañeiro de corredor e apoio nas miñas dúbidas José Carlos que me incorporase dentro do seu Blogue (A nosa clase), sobre todo porque sen el seguramente non me animase a crear un. O seu Blogue foi un dos primeiros que seguín e do que "roubei" moitas ideas para levar de colexio en colexio. Así que espero que este blogue sírvalle e sírvavos do mesmo xeito que ao meu sérveme o seu cada día.

Esta semana comeza coa volta da ponte onde me marchei en busca de adornos do Nadal, en diferentes pobos e cidades próximas, xunto coa miña cámara de fotos. Recordei entón unha experiencia que tiven durante a miña fase de prácticas cando estudaba maxisterio en Lugo. Foi no mes de Decembro cando unha profesora que se chama Lucía ensinoume a facer masa de sal, precisamente para facer adornos de nadal. 
O xoves fun preparada para unha gran sorpresa para os nenos do "barco" (así se fai chamar o grupo): un paquete de fariña e un paquete de sal. 
Deixeilles que fixesen as súas cabalas sobre o que ía suceder despois e a resposta foi unánime: facer pan!, esta resposta atopábase influenciada por unha saída que tiveron o curso pasado a unha panadería, así que aproveitamos para recordar como se fai pan e cales os seus ingredientes. Pero... upss!... Non podiamos facer pan pois nos faltaba un ingrediente que recordaba unha das nenas: O FERMENTO.

Foi entón cando lles explique cal era a miña idea: FACER MASA DE SAL PARA FACER OS ADORNOS DE NADAL! A única consigna era botar tanta fariña como sal, así que vimos como podiamos facer para calcular esas cantidades. Pasando por beliscos ou puñados, acabamos decidindo usar un vaso para calculalo.

1 VASO DE FARIÑA=1 VASO DE SAL
Despois de moito amasar este foi o resultado

 

Agora só queda deixalo secar e pintalas. Xa vos ensinaremos o resultado.

Despois de recoller todos os utensilios, comenzou o momento da merenda e como foi de esperar buscamos quenes tiñan algo de fariña na súa comida. Non se nos escapou nin a primeira. Estes son todos os que atopamos:

8 comentarios:

Ana dijo...

Hola Ana!!
Benvida ao universo bloggero!!
Grazas pola idea da masa de pan, eu intenteino algunha vez pero a verdade e que non saiu nada ben... voltarei a probar!!
Biquiños dende Pontedeume e Bo Nadal a todos!!

Unknown dijo...

Ola, son Bea, outra profe do cole, o curso pasado, no que me iniciei tamén no mundo dos blogs.
O ano pasado era a clase dos pulpis, este ano a dos Ratos de Escola, e quen sabe cal será o curso que ven, jeje.
O caso é que unha vez comezas é imposible parar.
Como ben che dixo Jose Carlos, ás veces parece que falamos con nós mesmos e ninguén nos le, pero... verás que o contador de visitas sube, que as familias se enteran de cousas que ti só escribiches no blog...
Como dixo Ana, benvida a este mundo dos blogs!!
Visítanos cando queiras no noso blog:
http://ratosdeescola.blogspot.com

capturanubes dijo...

Ola Ana, eu tamén che dou a benvida o mundo dos blogs de infantil.
Moitas grazas por compartir as túas experiencias con nós.
Teremos que probar coa masa de sal...
Bicos
Maria
AULA BLOGUE

BEGO dijo...

HOLA ANA,SON A MAMA DE PABLO.ENCANTAME A VOSA IDEA DO BLOG.AINDA ME FAGO UN ROLLO CON ESTO DOS BLOG,EMAILS E TODO ESTO PERO ESTOU ENCANTADISIMA DE PODER VER COMO TRABALLADES OS DA CLASE DO BARCO E A PABLO GUSTALLE MOITO VER AS COUSAS DA CLASE NO ORDENADOR.MOITOS BICOS EMOITAS GRACIAS POLO TEU TRABALLO E DESEXAMOSCHE QUE PASES UNHAS BOAS FESTAS E FELIZ ANO NOVO.CHAO!!!

RAÚL dijo...

QUE CHULADA AS FIGURIÑAS!!!
BO NADAL E LONGA VIDA AO BULE BULE BLOG!

Noa Souza dijo...

Hola Ana!!!
Estamos viendo lo bonito que ha quededo el blog de la clase del Barco.
A Noa le gusta mucho, lo seguiremos con atención desde casa.
Me gusta ver lo mucho que trabajais y que nosotros podamos compartirlo luego con nuestra peque en casa.
Esperamos que tengas una feliz navidad y un prospero año nuevo.
Bárbara

Ana dijo...

MOITAS GRAZAS A TODAS! NON SABEDES CANTO AGRADEZO OS VOSOS ÁNIMOS. UN BICO E FELIZ ANO!

cedes dijo...

Como nai agradezo infinitamente o traballo dos mestres, xenerosos por principio,e particularmente a tí Ana po lo teu esforzo i entusiasmo á hora de educar. A paixón contáxiase, i é a forma de involucrar ós nenos nas boas prácticas; sei de seguro que o esforzo sempre ten a sua recompensa.
Moita sorte!!