domingo, 15 de marzo de 2009

SAÍDA AO PORTO


Tiña pendente contarvos como foi a saída ao porto de A Coruña. Sei que xa hai unha semana disto pero pensei que debían ser eles os que nos contaran o que fixemos aló xa que eles contarán o que verdadeiramente foi o máis vistoso ou interesante. A gravación respeta a cronoloxía da visita: 
  • Primeiro vimos uns barcos: os que remolcan e os que limpan o mar (pelícano).
  • Despois acudimos a unha exposición dos materiais que chegan ata o noso porto (vexetais, minerais, cereais...)
  • Visitamos a lonxa e unha gran parte do peixe que estaba dispoñible nese momento e xogamos co xeo.
  • Por útlimo pasamos polas naves do maínzo e o ferro, chegando nese momento as grúas e a estación do ferrocarril de mercancías.
Dende a miña aula súmome aos agradecementos á organización da visita xa que foi moi interesante e entretida para os nenos e nenas. Espero que vos pareza tan interesante coma a eles/as.
 



Lémbrovos que teño na aula dúas copias coas fotos das saídas realizadas polo momento (entroido, bombeiros, porto...) Podedes perdirmas por medio dos nenos/as para que as leven e así copialas na vosa casa. O único que vos pido é rapidez no momento de devolvelo para que outra familia poda copialo e axilizar o préstamo das fotos.

Aínda así o meu compañeiro José Carlos puso a vosa disposición as fotos e un video realizado por el mesmo no seu blogue. Podedes visitalo e descargar as fotos que vos interesen. Para acceder clicade no seguinte enlace: A nosa clase.

1 comentario:

MARY dijo...

Ola, estou ALUCINADA do orixinal que está o video da visita ó porto. Pareceme unha idea xenial, que os nenos o conten. Da gusto escoitalos.
Vese, que o mesmo que os de José Carlos, se divertiron moito. Foi unha saída moi interesante e divertida para eles.
No video de a nosa clase, vese o ben que o pasaron co xeo (sobre todo, como din os teus, tirandollo ós mestres.
Un saudiño e NORABOA polo video, que quedou PRECIOSO.