domingo, 1 de febrero de 2009

ENTRE XOGOS...

Despois de ver o video dos xogos olímpicos démonos conta de que sabiamos moitas máis cousas das que gravamos nun primeiro momento o pasado venres, ata coñeciamos a deportistas que foron a China o ano pasado!. En canto os nenos vían as medallas ou a Rafa Nadal emocionábanse (aplausos, berros de victoria...) mentres que as nenas quedaban coa boca aberta ao ver as ximnastas tan belas e pintadas, as bailarinas de patinaxe...

Plasmamos o descuberto sobre o tema dos xogos olímpicos no noso mural, que cada vez ten menos espacio para incorporar aquelo que nos parece importante para poñer nel.



Entre xogos pasa o noso día a día durante estas últimas semanas pero cada un deles axúdanos a mellorar a nosa fonoarticulación, a aprender a escribir palabras significativas, repasar os números traballados... todo isto dun xeito moi ameno tanto para eles como para min.

Temos varias actividades independentes ao longo da xornada ou dos días pero todas elas cun elemento común...aprender xogando. A primeira delas foi bautizada como o XOGA COA BOCA a cal tomei prestada dunha logopeda chamada Eugenia Romero, a cal colgou na seguinte páxina: http://picasaweb.google.com/Eugenia.Romero.Logopedia?feat=email diferentes imaxes para exercicos fonoarticulatorios e actividades para traballar a motricidade facial.

Polo momento a actividade é un xogo de memoria, fixen unhas tarxetas onde cada debuxo significa unha acción en concreto que temos que facer. Este xogo axudaranos a pronunciar mellor certos sons que aínda nos custan (como é normal) pero dun xeito lúdico melloramos día a día. Preséntovos as tarxetas para que vos tamén poidades xogar na casa pero lembrade que no enlace anterior podedes velo moito mellor.


Outra das actividades que naceu esta mesma semana foi o xogo que máis lles chamou a atención dos nosos avós e a nosas avoas (A MARIOLA). Como o tempo non nos acompañaba acabamos facéndoa dentro da aula. Polo momento, entretéñense moito con ela xa que é a novidade; aparecendo os principais conflitos de cando xogar ou non xogar con ela; pero estou convencida de que en breves superaremos ese aspecto e pasará a estar integrada dentro da actividade diaria sen que supoña unha distracción. 

As miñas expectativas para ela son bastantes amplas. Quero que sexa algo máis cun xogo que coñecimos durante esta investigación senón que será un elemento para poder repasar os principais conceptos que estemos a traballar. Será un momento de repaso dun xeito lúdico sen que supoña un momento puramente examinador. Polo momento repasamos os números que xa coñecemos cando os escribimos no chan co xiz, cando saltamos sobre eles, cando cae a pedra nun dos cadrados... Máis adiante incorporaremos letras, formas xeométricas, palabras...para seguir co mesmo proceso que cos números.


A presentación da mariola rematará coa incorporación deste xogo no noso libro dos xogos (aquel que comezamos a facer co noso proceso de resolución de conflitos) as cales teño prevista nas seguintes páxinas: 


No hay comentarios: