viernes, 23 de enero de 2009

SEGUIMOS XOGANDO...

O video que apareceu o pasado martes foi por demanda deles e pola vida propia que xa collendo esta primeira proposta que lles fixen eu hai dúas semanas. No día de gravación alguén plantexou un tipo de xogos que eran os xogos olímpicos. Démonos conta de que, a maioría, non tiñamos tanta idea sobre o tema pero aínda nestas condicións soltámonos a decir algunhas ideas soltas e cousas que pensabamos que poderían ser os xogos olímpicos.

Como veredes este foi o resultado, onde hai algún que é un experto sobre o tema e outros que imos completando o que din os compañeiros. Así é que unha aportación dun neno provoca un recordo, unha idea ou unha matización doutros compañeiros/as.
1ª foto: "Rafa Nadal"
2ª foto: "unha nena facendo ximnasia rítmica"


Disculpade (sobre todo vos, os nenos e nenas que tanto traballades) a tardanza en publicar esta entrada pero entre o temporal e o meu tempo, ás veces, non é todo o que eu querería para dedicarme a este blogue. E por outro lado, que dediqueille máis tempo a producción desta gravación para darlle un toque de humor entre nos. Espero que o disfrutedes tanto como o disfrutei eu facendo e escoitándoo.



3ª foto "o atletismo"

No hay comentarios: