domingo, 17 de mayo de 2009

AS ÚLTIMAS NOVIDADES

Nas últimas semanas fomos ao paseo fluvial de Arteixo a unha solta de alevíns, unha experiencia moi divertida para todos nos. Aproveitamos esta saída para buscar durante o camiño de ida e volta algún animal coñecido. Sen dúbida a actividade, de tódalas que había, a máis divertida foi a propia de soltar os peixes ao rio.

Os do concello prepararon para nos distintas actividades:
- Imos de pesca, onde collíamos uns peixes de cores coa axuda dun imán.
- Pintamos un mural.
- Xogamos con a atopar peixes emparellados ou a localizar o hábitat dos animais, nunha actividade que se chamaba auga, terra e aire.
- e aprendimos a facer un filtro para a auga.

Esta semana tamén avisáronnos de que ata o día 21 podiamos entregar os traballos para a revista do colexio. Despois de moito pensar tiña doúas cousas claras que quería que se reflexaran no nosos traballo.
- por un lado, que se vira algo dotraballo das rás que estamos facendo e,
- por outro lado que todos participasemos dalgún modo na realización desta publicación.

Coa chegada dun poema de Federico García Lorca, "Los encuentros de un caracol aventurero" limos algúns fragmentos. Dunhas poucas estrofas saíron moitas actividades:
1) Buscamos cantos animais aparecían nel,
2) falamos das metáforas buscando que podería ser o que Lorca quería dicir cando escribiu que "Los árboles extienden sus brazos a la tierra" ou "Un vaho tembloroso cubre las sementeras" ...
3) Fixemos rimas e buscamos palabras que rimaran entre sí,
4) Propuxemos o deseño dun debuxo para a revista...que esta é mellor que a vexamos paso a paso.

O primeiro que tiñamos que facer era un boceto (é, por suposto, coñecer para que servía un boceto...) para isto tivemos que opinar e falar entre todos que poñer ou que non poñer, que faltaba e debuxar ata o último detalle. Este foi o resultado:




Despois fixemos a nosa propia copia para decidir quen facía cada cousa, sempre sabendo que todos íamos a facer algo, xa sexa debuxar ou pintar. Sobre todo buscamos que se derán conta dos detalles que tiña o noso boceto. Que importante é saber que se quere debuxar antes de poñerse man a obra!






Polo momento polo que que fixemos foi pasalo a un folio DIN A-3, na semana que entra o acabaremos para poder entregalo e así, que o disfrutedes cada un na casa. Esperamos os guste o resultado.


No hay comentarios: