domingo, 18 de enero de 2009

SEGUIMOS INVESTIGANDO...

A chegada da mensaxe da bolsa máxica foi todo un acontecemento dentro da clase. Puxémonos moi ledos e algo "nerviosos" ao ver que a bolsa aparecería dentro do noso blogue. Alucinábamos coa maxia que ten esta bolsa e miramos por detrás do ordenador por se había algún oco por onde se poidese meter e entrar dentro da pantaia. Grazas a ela, imos avanzando na nosa investigación sobre os xogos.

Houbo moitas hipóteses de como soubo que estabamos a traballar o tema dos xogos e algún problemiña na búsqueda dalgún neno ou nena que puidese lernos aquilo que nos escribía; por sorte dúas nenas animáronse a lernos aquelo que dicía...

Esta mensaxe trouxo moitas actividades que facer. Nun primeiro lugar, fixemos un listado na pizarra de todos os xogos aos que xogaban os nosos avós e avoas, coas cales repasamos letras que xa coñecemos e outras nas que aínda tiñamos algunhas dúbidas. 

Nun segundo lugar, e como é lóxico fomos ampliando o noso mural cos "xogos de antes", facendo cada un o xogo ou xogos que lles chamaran máis a atención. Había nenos/as que xa coñecían algún xogo e outros que non coñeciamos nin entendiamos moi ben...pero todos semellaban ser fantásticos! 


En breve medrará o noso libro que comezamos no trimestre pasado con algún xogo que estamos a coñecer agora.

O venres é día de gravación. Esta dinámica xa colleu ritmo propio. Eles mesmos manexan o programa e o "público" respetamos o momento de gravación de cada compañeiro/a. É algo do que estou moi orguiosa deles, xa que entendo o difícil que é para un neno ou nena de 5 anos estar calado e non interrumpir cando non lle toca. Dende aquí a miña noraboa a todos os nenos/as do barco.

Todo isto tamén se nota no momento da asemblea, xa que cada día é máis agradable ter unha conversa a primeira hora da mañá.

Neste día decidiuse gravar todo o que fomos aprendendo sobre os xogos...sobre todo para explicarlles aos nosos pais e nais moitas cousas que aínda descoñecen sobre os xogos dos nosos avós e avoas. 

Atendede pois, é toda unha clase maxistral sobre a nosa investigación:



No hay comentarios: