domingo, 11 de enero de 2009

ANO NOVO, XOGO NOVO.

Comezamos ano e trimestre novo aprendendo cousas novas sobre os xogos en relación coa temática do novo caderno que imos traballar ó longo do mes de Xaneiro. En canto vin o tema alegreime pois comezaron a xurdir multitude de ideas para ampliar esta unidade didáctica, e ó mesmo tempo darlle máis protagonismo os nenos e nenas da clase.

Nun primeiro lugar pensei...Qué ben me ven para seguir co libro dos xogos e a resolución de conflitos! pero dándolle máis voltas a testa e polo mundo de Internet atopei moitas ideas que xa vos irei contando ó longo dos días. Comecemos polo que  sucedeu estes dous primeiros días:

O xoves comezou este traxecto pola conversa máis lóxica que poderiamos esperar: OS REIS MAGOS. Na asemblea conversamos sobre todos os xoguetes que lles trouxeron estes tres fantásticos personaxes, polo que a pregunta estaba no aire: Para que serven os xoguetes? Que é iso de xogar? Qué é un xogo? As aportacións foron numerosas e ningún neno/a quedou calado.

Por outra banda, este días de descanso servíronme para poñerme o día en temas que aínda fáltame moita práctica coma, por exemplo, atopar unha nova aplicación no ord
enador 
que nos permitirá gravarnos e facer composicións con música e a nosa voz.  Por iso presenteino este xoves para que o coñecesen e explicarlles para que o imos empregar. Usei a radio, algo que todos coñecen, para presentalo. Por iso, moitos deles ao mellor fálanvos dun programa de radio cando teñamos sesións de gravación.

Este programa é utilizado rapidamente polos nenos e nenas de xeito autónomo. Cando estean preparados para gravar só teñen que darlle o circulo vermello e empezar a falar. É un programa moi gráfico onde ven como vai "escribíndose" a súa voz. Fixemos unha primeira proba onde se viu como se gravaba o ruido que faciamos e aprendemos que os que non estamos a gravar temos que estar en silenzo para non estragar o traballo do compañeiro ou da compañeira.

A nosa primeira produción (doutras moitas xa pensadas) foron as nosas ideas previas sobre os xogos e xoguetes (veredes como está presente todo o traballo sobre a resolución de conflitos que fixemos ó longo do primeiro trimestre). Perdoade os nosos fallos! tanto eles coma min somos novatos nesta tecnoloxía.



Despois fixemos uns cantos debuxos para coñecer cales eran os xogos de agora, é dicir, os que xa coñecemos.... pegámolos nun mural que será completado con aqueles xogos que aprenderemos ó longo do mes.  A partir de agora buscaremos información sobre a que xogaban os noso pais e avós e avoas cando non habia maquiniñas, videoconsolas e tanta multitude de xoguetes para elixir. Contamos coa vosa axuda. Pódedes mandarnos as vosas experiencias tanto ao Blogue coma o correo electronico do Bulebule.

Déixovos co mural e cos debuxos que fixemos. Esperamos que vos gusten...

No hay comentarios: