Como vos prometín saberíades da miña vida en canto o proceso da oposición rematara. Pois ben, aprobei e teño praza como mestra....NON SABEDES A FELICIDADE QUE SINTO POR DENTRO!!!
Comencei este blogue como unha especie de diario onde contar as miñas experiencias como mestra substituta, onde recollería todas as miñas experiencias en diferentes centros. Xa no curso pasado pasei por moitos centros e quedeime coas ganas de recoller de algún xeito o que facía cos distintos nenos e, ao mesmo tempo, manter o contacto con eles. Por iso pensei en crear este bule bule de experiencias.
Sería tamén un recuncho de opinións entre compañeiros que facíamos o mesmo, traballar e estudar ao mesmo tempo. Tiven a gran sorte de quedar todo o curso no mesmo colexio e cos mesmos nenos. Agora, cando xa pasei todos os nervios e agobios cos exames doume conta que a miña praza comencei a gañala desde que escollín esta baixa neste cole.
Gracias aos nenos e nenas da clase do barco, os cales aceptaban calqueira proposta que xurdía en clase para traballar e aportábanme o cariño e a alegría que neccesitaba para chegar a casa e poñerme a estudar sen preocupacións.
Gracias aos meus compañeiros que axudáronme a facer o meu traballo moito máis sinxelo e acollerme tan ben que, para min, ir a traballar non era ningún "traballo".
E tamén grazas as familias por agradecerme tantas veces o que estaba a facer. Sen eles moitas veces non teñería motivacións por seguir co blogue ou en pensar novas ideas.
Por iso teño que agradecervos que me axudarais, dun xeito ou doutro, a que as miñas horas de estudo forán máis amenas ao longo do curso.
Un saúdo a todos!!!!!!!